Novas
METALICIA VOL.2 XUNTA 26 BANDAS DE NOSO
O metal galego, reunido nunha nova recompilación
28/08/2009
O metal de noso reafírmase como comunidade musical unida e con fe no ben común. A rede virtual Metalicia, que agrupa máis dun cento de grupos e 600 membros, vén de lanzar a segunda entrega do disco compilatorio do mesmo nome, con 26 bandas da nosa escena metaleira.
O 'Metalicia Vol.2' acaba de saír do forno, de novo grazas á iniciativa da comunidade virtual Metalicia. Con só un ano de vida, neste espazo danse cita centos de grupos, fans, locais, estudios e festivais para apoiar e promover a actividade metaleira en Galicia. Esta segunda compilación xa está dispoñible para a descarga gratuíta desde a web, e tamén en versión física miniCD-MP3 a prezo de custo: 1 euro. As copias distribuiranse en tendas e locais de metal por todo o territorio galego.
Entre as bandas seleccionadas nesta escolma atópanse varias que contan co seu espazo en Nsaio. É o caso de Masmel, Cadalso, Malasombra, Labazada, Trashnos, For Home Use Only, The Codename -recentes gañadores do Música Xove compostelán na modalidade de metal- e mais os ourensáns Kaleya, que xa tiñan un tema incluído na primeira compilación de setembro de 2008. Outras bandas, como Lady Evil, Lethal Vice, Namek e os incombustibles Talesien tamén repiten na lista de temas que compoñen este volume 2.
'Metalicia Vol.2' volve abranguer unha ampla miscelánea de estilos: as outras bandas que completan a selección son Dharma, Enuma Elis, Hestia, To Nowhere, The Undressed, NightCrawler, Maldia, Lightmaster, Primitive, Id3m, In.Verno, Barbarian Prophecies, Skullkrusher e Freedom Xlave.
Compartir
Compartir noticias serve para que outros usuarios da rede poidan ver as noticias ou informacións que a ti che pareceron interesantes. Para isto existen certas webs, alleas a Nsaio, que teñen por natureza a de compartir, valorar, comentar ou gardar calquera información que chamou a atención dos seus usuarios.
Chuza!: punto de encontro onde os internautas galegos fan a súa propia escolma de información. Ademais, son os propios usuarios os que valoran as historias enviadas, coméntanas e deciden se publicalas na portada principal.
Menéame : esta web en castelán tamén recolle a información que os usuarios consideran interesante. As noticias enviadas poden comentarse e votarse, ordenándose de acordo con estas votacións: as máis aceptadas móstranse na portada.
Del.ici.ous: gardar información de interese atopada en internet e clasificala por temas é moi sinxelo con esta ferramenta. Con ela podes engadir as páxinas que normalmente se gardan en «favoritos» do noso navegador, ordenándoas en categorías mediante etiquetas ou tags para compartilas con outras persoas.
Yahoo!: igual que Del.icio.us, o famoso buscador permite gardar e compartir os nosos favoritos na rede mediante un sistema de tags. Tamén deixa almacenar os datos de contacto persoais ou profesionais.
Technorati: para procurar información en blogs, Technorati é a mellor ferramenta: trátase do maior indexador do mundo de contidos publicados en bitácoras. Con ela podes saber, sen necesidade de te rexistrares, cales son as noticias e as historias que interesaron máis aos blogueiros.
Domelhor: formato similar a Chuza! nado en Portugal, de organización non-xerárquica de información, usado polos internautas do ámbito lusófono.