Identifícate aquí ou Rexístrate


Novas

Nova edición dun dos festivais da escena máis importantes de Galicia.

Loa Suaves, Emilio Rúa e María do Ceo no cartel musical.

08/08/2011

Estruturado ó redor da homenaxe que supón á figura do tristemente desaparecido Abelardo Gabriel, este festival contará cun elenco mais que nutrido e interesante de figuras da escena galega coma Sexio pazos, Isis, Rafa Durán, Roberto Vilar, Manuel Maquiña, David Amor, Rubén Riós e un longo etcétera de amigos e profesionais que se achegarán esta mesma fin de sema a á comarca de Verín con totdo o seu cargamento de talento.

Festival de Riós
Gif festival

O Festival das Artes Escénicas de Riós ten coma principal obxectivo achegar aos asistentes a personalidades do mundo do teatro, o cinema, a televisión e a música para compartir unha gala con monólogos, interpretacións, actuacións e concertos que amenicen unha velada única no cálido mes de agosto. Ademáis, a intención tamén é dar a coñecer un paraxe natural cunha orixinalidade e autenticidade coma Riós, e ofrecer tanto aos paisanos da terra coma ós visitantes, unha alternativa cultural que complete e fomente o ocio e o entremento.
Con ese espírito próximo e cercano, a Organización quere que a xente poda gozar dunha noite nunha vila ourensá de apenas dous milleiros de habitantes, e coa compañía dos seus amigos e familiares, ofrecendo actividades para grandes e pequenos e que en ningún momento cese a diversión.



O Festival naceu en 2008 da man do actor e director de cinema Rubén Riós. Sen perder as súas raíces a pesares de traballar por todo o país, Rubén quería dar un impulso e organizar un evento na súa vila que permitise aos habitantes da vila contar cunha festa chea de sorpresas e diversos artistas do eido audiovisual.

Neste 2010 o festival foi rebautixado na honra do excelente e inesquecible actor galego Abelardo Gabriel que nos deixaba non hai tanto e que nos legou papeis tan intensos como o de Don Román na exitosa serie de televisión Libro de familia.

A música non podía faltar e programouse un concertazo para a noite do 13: Los suaves, que non quixeron faltar a cita e que subirán o escenario despois desa xira nacional "29 anos, 9 meses e 1 dia" que resultou tamén un CD e DVd que recolle un dos momentos máis grandes dos de Ourense.

SEbn dúbida unha oferta completísima para que programedes unha fin de semana de agosto en terras de Riós.



Compartir Chuza! Menéame Delicious Yahoo Technorati Domelhor