Identifícate aquí ou Rexístrate


O que opinan de nsaio

Nach:"a xente ten que aproveitar a ocasión que se lles ofrece"

22/12/2008

O rapeiro alacantino participou no Microfest e tivo uns minutos para falar connosco sobre a Rede Galega de Locais de Nsaio, e outros aspectos máis xerais da creación musical.

Nach falou da súa experiencia cuns inicios máis modestos determinados en gran medida pola falta de medios que había na época, e confesou que “comecei gravando na miña casa cun pequeno sintetizador e unha radio”.

O rapeiro non pensa que as novas tecnoloxías vaian cambiar o mundo da creación musical, como expresaba ao defender que “a xente que non quere traballar non traballa, independentemente dos medios que teñan”. Mais tamén recoñeceu as facilidades que ofrecen as novas tecnoloxías aos creadores.

Cando se lle preguntou pola Rede Galega de Locais de Nsaio, Nach falou do importante que resulta ofrecer á xente que non ten moitos medios un lugar onde poder crear. Ademais, engadiu que isto non acontece sempre e puxo como exemplo a súa terra, Alacante, onde non ten estas posibilidades.

Vídeo

Vídeo de Nach