Identifícate aquí ou Rexístrate
Os membros do grupo coruñés aproveitaron o seu paso polo Cultur.gal para valorar de xeito positivo o traballo realizado polo programa Nsaio, que definiron como “unha oportunidade moi especial”.
Así, aproveitaron a oportunidade para “agradecer á xente de Nsaio que se preocupe polos grupos de Galiza, por darlles unha oportunidade”. Nesta liña destacaron o importante que supón para os grupos “ter un sitio onde ensaiar”, e tamén a posibilidade de dispoñer dun lugar “a onde ir para presentar as túas propostas”, como o Cultur.gal ou o Nsaio Xeral. Afondando nesta idea, deron un valor especial ao feito de “achegar a industria aos propios artistas”.
Tamén analizaron como positivas iniciativas concretas, como o Cultur.gal, que lles permitiron “coñecer a xente moi interesante”, e agardan que todo o traballo de promoción realizado durante esa fin de semana “sirva de algo no futuro”.
Shine