Identifícate aquí ou Rexístrate


O que opinan de nsaio

CX Band: "Atopar un local de ensaio subvencionado en Madrid é ciencia ficción"

13/11/2008

Nsaio.org aproveitou a súa visita ao Castañazo'08 de Maceda para falar co grupo La CX Band. A opinión destes músicos chegados dende Xetafe permítenos facernos unha idea da impresión que o proxecto Nsaio está a causar no exterior.

O grupo de Xetafe valora de forma positiva a serie de iniciativas que se están a levar a cabo dentro do programa Nsaio. Fican sorprendidos cando comparan a rede que se está a tecer en Galiza co seu caso, e confesan que “Madrid é unha cidade de tres millóns e medio de habitantes, e atopar un local de ensaio subvencionado é practicamente ciencia ficción”.

Contáronnos o seu caso particular, no que as tiveron a sorte de que foron as condicións familiares dun dos membros o que lles permitiu mellorar. Así, contaron que “avanzamos en pouco tempo por mor de que o noso guitarrista conseguiu un sitio para ensaiar na fábrica do seu pai”

Vídeo

CX Band