Narón- Galiza-Spain
lopezsanchezalba
gmail.com
0034.654165563
Clásica
Alba López Sánchez finaliza grao medio Loxse no Conservatorio Oficial de Música de Ferrol en xuño de 2001 na especialidade de guitarra clásica, baixo a dirección de Iago Reigosa. En setembro do mesmo ano comeza os seus estudios de grao superior no COSMAC con Antonio Rocha e Rodolfo García remando en xuño de 2005. Prosegue o estudio de interpretación guitarrística co concertista Ramón Carnota e en 2007 trasládase ao Conservatorium van Amsterdam para estudar con Lex Einsedhart un máster en interpretación rematando en 2009, estudiando paralelamente na Hochschule für Musik Frank Liszt en Weimar, Alemaña, con Thomas Müller-Pering. Na actulidade estudia un posgrado co Ricardo Gallén.
Perfecciona os seus estudos cos guitarristas Margarita Escarpa, Miguel Trápaga, Ana Jenaro, Gerardo Arriaga, Miguel Ángel Jiménez Arnaiz, Zoran Dukic, Carles Trepat, Alberto Ponce, David Russell, Carlo Marchione, Jukka Savijoki, Darko Petrinjak, Alex Garrobé, Marco Socías e Ricardo Gallén, e cos compositores Jorge Cardoso e José Manuel Fernández.
Como solista participa na II, III e IV Mostra de Xoves Intérpretes de Vilagarcía de Arousa" (2003, 2004 e 2006) e no Concerto Homenaxe á premio nacional de poesía Julia Uceda en Ferrol, (novembro de 2003). En música de cámara destaca o dúo coa soprano Patricia Rodríguez Rico e o trío de guitarras Banora cos que ofreceu varios concertos en localidades coma Ferrol, Vilagarcía de Arousa ou Laracha, así coma concertos didácticos en institutos de educación secundaria. En maio de 2008 é invitada a tocar no Ateneu Tatarasi en Iasi, Romania. Actúa tamén en Amsterdam (Conservatorium van Amsterdam) e Den Haag (Gallery Chief and Spirits). En abril de 2009 ofreceu un recital no Ateneo Ferrolán.
Destaca tamén a súa participación no proxecto audiovisual "Mulheres na mitología" (concello de Fene, marzo de 2001) e no concerto "Mulheres a un tempo, tempo de mulheres" do concello de Ferrol en decembro de 2000.
En canto a outras músicas foi integrante do grupo de folk- fusión Sexfolia durante toda a súa traxectoria, formación coa que participa en máis de trinta festivais entre os anos 1999 e 2002. Logo pasa a formar parte de formación galaico-portuguesa A Quadrilha da Marola, coa que se sube aos escenarios nos anos 2003 e 2004.
No ámbito compositivo destaca a composición de Panxea para soprano, guitarra clásica, piano e percusión, encargada para o espectáculo multiartístico A fuxida do pensamento da Universidade de A Coruña, estreada en abril de 2004 no campus de Ferrol.
Repertorio clásico dende o Renacemento ate século XX e contemporáneo.
Alba López Sánchez, guitarra clásica.

Non hai vídeos para este grupo
acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 18:44
Fuleros dixo:
Estudios Fuleros somos un Home Studio en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por solo 50€ cada canción (grabación y mezcla). Más información y algunas muestras de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros
10.12.2008 12:31
Fran.lopez dixo:
De gran sensibilidade interpretativa, e excelente técnica, de extenso coñecemento musical, unha mestra da guitarra clásica, con criterio propio, que continúa a estudar con os mellores concertistas, que a teñen en grande consideración.
29.11.2008 20:36
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.
13.04.2009
http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2009/04/04/0003_7634322.htm