Barakaldo
ceodosil.musicagalega
yahoo.es
944 903 429
Tradicional
Grupo de música tradicional galega "Ceo do Sil"
O nome do grupo tomouse da derradeira morada do noso amigo e compañeiro, Fernando Rodríguez, nas montañas da Ventosa de Torbeo, cara o ceo que olla ó río Sil.
Este grupo de música tradicional galega naceu a finais do ano 1999, ao abeiro do Centro Galego de Bizkaia en Barakaldo, un dos máis senlleiros da diáspora galega, sendo o segundo Centro Galego de vida ininterrumpida máis antigo do mundo tralo de Montevideo, datando a súa acta de fundación do 24 de xuño de 1901. Foi precisamente na antesala do centenario do Centro Galego cando naceu o grupo "Ceo do Sil".
Dende o seu nacemento, "Ceo do Sil" pasou por diversas etapas e foron moitos os compoñentes que albergou durante a súa andaina coma Alberte Sanmartin, Roberto Becerra, Xulio L. Bergantiños, Xurxo Álvarez, Raquel Bueno, Patricia Senande, Marta Pereiras, Marta, Verónica Ares, Mario Saa, Fran M. Franco, Agustín Reboredo, Xurxo Gago, Xaime Otero, Iñaki Barrán "Pino" e Xulio González.
A razón de ser de "Ceo do Sil" atópase no vencello cos nosos ancestros gaiteiros, na unión cos grupos da música tradicional que se tocaba na nosa Terra a principios do século XX, a música que sonaba naquelas feiras e romarías, onde os gaiteiros eran o punto de encontro arredor dos cales se desenvolvía a sociedade galega daqueles anos. Trata de ser, en definitiva, unha ponte ou eslabón de unión ca nosa fermosa tradición musical, aportando unha mestura de tradición e actualidade, sen desvirtuar o son tradicional galego.
Na actualidade forman parte de "Ceo do Sil":
Alberte Sanmartin: Gaita, zafona e requinta.
Agustín Reboredo: Pandeiro, cunchas e triángulo.
Roberto Becerra: Bombochís.
Xurxo Gago: Tamboril, caixa e clarinete.
Fran M. Franco: Gaita.
Iñaki Barrán "Pino": Acordión.
Xaime Otero: Gaita.
Xulio González: Gaita e pandeireta.

acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 17:42
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.