Santiago de Compostela
cryingwolfcompostela
gmail.com
Celta / Folk / Metal
O grupo de folk metal Crying Wolves creóuse en outubro do 2010 en Santiago de Compostela como un pasatempo por Amaro (guitarra) e Gonzalo (violín), e ao que pouco despois se uniu Braix (batería).
Pasou algún tempo ata que a formación do grupo se completou engadindo a Louro como novo guitarrista e Andrea como baixista cos cales demos un só concerto nun festival de música en Silleda, pois logo deixaron o grupo, nesta época só tocabamos versións de cancións de grupos coñecidos. Foi a partir do 2011 xa cando entraron no grupo Ulmo (vocalista) e Bruno (guitarrista) procedentes do grupo compostelán Sarabia e puxémonos a compoñer as nosas propias cancións, só faltaba o baixista para ser todos de novo e durante un tempo volveu Andrea, xusto para estrearnos nunha sala de concertos, a NASA, xunto co grupo tamén de Santiago Harley Hyde, aínda que posteriormente volveuno a deixar. Incorporouse un novo baixista que durou esta vez dous concertos, nas festas do Apostol no festival de emerxentes do metal e nas festas da rúa Touro.
Neste momento temos un baixista en probas e estámos listos para comenzar o novo ano dándoo todo, xa que aquel grupo que empezou como pasatempo, agora é unha vocación
Korpiklaani, Eluveitie, Turisas, Ensiferum
Braix D. : Batería, coros
Bruno Castro: Guitarra e coros
Gonzalo Muiño: Violín
Amaro Lomba: Guitarra, gaita e coros
Ulmo: Voz e frauta
Alex: Baixo

Non hai vídeos para este grupo
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.