NSAIO

Ergom

Localidade:

Ourense

Contacto:

Páxina web

info@ergom.es

Teléfono:

661080975

Xénero/s

Rock / Folk / Funk

Biografía

Ergom nace en Ourense no ano 2002, para ocupar un sitio no panorama musical galego actual. Música de fusión, de tendencia folkrock-funk, que recolle a esencia da música tradicional como inspiradora do seu traballo compositivo.

Os concertos de Ergom habitualmente son 90 minutos de paixón, sensibilidade e carácter. O repertorio, exclusivamente instrumental (con algunha sorpresa ocasional) e composto principalmente por temas propios, ofrece momentos de melodías transparentes, intensas baladas, flirteos co funk, clásicos tempos de rock e rítmicos reels, unha combinación que o grupo denomina xenéricamente como "Música Fronki", que chega ao público con toda a forza dun grupo novo que o da todo no escenario.

Ergom é novedade, é frescura, é diversión e sobre todo, o reflexo dunha xuventude inquieta por mostrar algo diferente e novedoso, sen descuidar a raíz tradicional de algúns dos seus instrumentos, pero sen deixar de lado a evolución e fusión que caracteriza a súa forma de ver a música.

Ergom graba unha primeira demo autoeditada durante os meses de Novembro-Decembro do 2003. Nesta grabación quedaron reflexados os fundamentos do seu son máis clásico así como os novos camiños polos que discurre a súa evolución e fusión cos demáis estilos musicais.

Tras sufrir variacións na formación orixinal e ter tocado en festivais de renome como o Mundo Celta de Ortigueira, Ergom regresa para seguir mostrando a súa música e tratar de facer desfrutar ao público tanto coma eles enriba dun escenario.

Influencias

Wolfstone, James Taylor, Rufus, Santana, Led Zeppelin, Jethro Tull, Larry Carlton, The Police, Steve Vai, Toto...

Membros

Santi Rodríguez -Gaita solista, whistle, flauta e percusións.
David Nóvoa -Guitarras eléctrica e acústica, flauta e whistle.
David Blanco -Piano e teclados.
Lorena Negreira -Batería e percusións.
Alberto Godoy -Baixo eléctrico.

Popularidade

6
persoas engadírono á súa lista de favoritos

Engádeo como favorito


Temas

Canción Duración Info Escoitas Votos Descargas Descargar
escoitar Warning 05:21 14
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (13 votos)
8
escoitar Rollo Moore 03:33 14
  • 3 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
3/5 (11 votos)
8
escoitar Tsuzumi 02:42 7
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (11 votos)
6

Vídeos

Ergom en Loureiro

Ver todos

O que opinan de Ergom

acoruñason dixo:

ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu

14.04.2010 18:26

isidro dixo:

Ei amigos!
Como vai todo?
Unha pasada estes temas! Non os tiña! Pero recordo escoitalos!jaja
Unha aperta e seguide traballando asi!

12.01.2009 20:49

Fuleros dixo:

Estudios Fuleros somos un "Home studio" en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por sólo 50 € cada canción (grabación y mezcla), sin importar las horas que le dediquemos. Escucha algunos de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros

11.01.2009 19:51

Enviar opinión

Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.

Máis información

Novas

10.01.2009

BENVIDAS/OS AO NOSO RINCÓN EN NSAIO

Benvidas/os a todas/os amigas/os!! É un pracer pra nós compartir a nosa música con todas/os vós....

[+máis]

Ver todas

Documentos

- Rider (pdf, 105,73 kb)

Páxinas amigas

- GUEZOS
- LAMATUMBÁ