NSAIO

FUZQUENLLA

Localidade:

Carballo

Contacto:

Páxina web

fuzquenlla@yahoo.es

Teléfono:

620517327

Xénero/s

Death Metal / Metal / Thrash

Biografía

Banda carballesa (A Coruña). A súa xestación tivo lugar anos atrás cando Anxo, Angel, Pablo e Pin xuntanse para dar forma a un novo proxecto musical.

Co abandono de Pablo, a banda quedase so con tres membros e mantense así durante un longo periodo de tempo. A incorporación de Tasende da lugar a dous proxectos paralelos: Faitunfinger e o que, nun futuro, terminará tomando a identidade de Fuzquenlla. Os dous grupos mezclanse compartindo componentes e nalgunhas actuacións podemos ver colaboracións de Álvaro e Lito cantando algún dos temas.

Faitunfinger completa a súa formación con Alex (actual guitarra de Fuzquenlla) e Oskar (ás voces). O grupo dedicase exclusivamente a tocar versións. Coa marcha de Oskar e Pin desaparece definitivamente este proxecto paralelo e os restantes membros centran todo o seu empeño en continuar e en facer música propia.

A incorporación de Dani ás voces parece que lle da á banda certo aire de estabilidade e o grupo ponse mans á obra para continuar co proxecto iniciado tempo atrás. Pero a estabilidade dura pouco e coa pérdida de Dani e a marcha de Tasende o grupo parece condenado a desaparecer definitivamente.

Estamos xa no 2006 e outra volta de torca á historia inclina de novo a balanza a favor de Fuzquenlla. O grupo sufre dúas novas incorporacións, por un lado e provinte de Uruguay, Sebas tralas baquetas, bateria coñecido polo seu paso por varias bandas locais; por outro lado incorporase Dani, un novo cantante provinte tamén do círculo musical carballés. Por fín despois de tantos atrancos establecese a formación definitiva de Fuzquenlla.

En decembro do 2006, o grupo graba unha maqueta composta por dúas cancións para presentar a un concurso; a grabación, que se realiza sen apenas tempo para darlle o sonido desexado, deixa ver claro o estilo da banda e as súas influencias. Diversos estilos podemos atopar no seu repertorio, dende melodías heavy metal a riffs máis hardcore, thrash, etc.

Xa entrados no 2007, o ano comeza ben grabando para a BerTV (televisión local de Bergantiños) 6 cancións para un programa de música da cadea. Chegado o verán, no mes de Xullo Fuzquenlla clasificase entre os 3 finalistas do II Concurso Musical da Terra e da Língua na categoría de estilo libre, onde se enmarcan tódolos estilos menos a música tradicional. A final disputase dentro do VII Festival da Terra e da Língua realizado en Narón, no Muiño do Pedroso.

No transcurso do 2007 e durante o 2008 o grupo realiza diversos concertos compartendo escenario con grupos coma Karbon14 ou Xkrude.

En xanerio do 2008 sae a maqueta que leva por título NINGÚN, grabada nos estudios MAFIA RECORDS do Carballiño. Edítase cunha licencia CREATIVE COMMONS e escoitarse nesta páxina, no myspace do grupo: http://www.myspace.com/fuzquenlla, ou adquirirse nos directos da banda.

Critica de "Ningún" en MONDOSONORO (nº150 Abril 2008), sección DEMOSCOPIA.

FUZQUENLLA "Ningún"

Fuzquenlla presentan cinco temas que siguen los patrones marcados hace un par de décadas por los incombustibles Slayer y por los Metallica de los días del "And Justice for all...". Realizan desarrollos instrumentales penetrantes que conjugan con contundentes riffs. De esta manera imprimen una solvencia a sus temas que para si quisieran multitud de bandas noveles en su primera grabación. En "Basta" y "De Bo Rollo" introducen interesantes coartadas sonoras. Una banda a tener muy en cuenta.
Dani Pena

Influencias

Escoita ti mesmo

Membros

Anxo: Guitarra
Alex: Guitarra
Ángel: Baixo
Sebas: Batería
Dani: Voz
Manu: Equipo técnico

Popularidade

7
persoas engadírono á súa lista de favoritos

Engádeo como favorito


Temas

Canción Duración Info Escoitas Votos Descargas Descargar
escoitar De bo rollo 06:09

[+]

11
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (10 votos)
4
escoitar Basta 07:22

[+]

11
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (10 votos)
3
escoitar Hoxe paso 02:45

[+]

14
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (10 votos)
4
escoitar A voz da moral 05:20

[+]

11
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (10 votos)
4
escoitar Democracia virtual 09:26

[+]

11
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (10 votos)
6

Vídeos

Non hai vídeos para este grupo

O que opinan de FUZQUENLLA

acoruñason dixo:

ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu

14.04.2010 18:39

oblivion dixo:

...un saúdo dende o doce esquecemento...

SWEET OBLIVION BAND

29.12.2008 18:02

Fuleros dixo:

Estudios Fuleros somos un Home Studio en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por solo 50€ cada canción (grabación y mezcla). Más información y algunas muestras de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros

10.12.2008 10:48

kastoma dixo:

Qué pasa por Carballo?
cómo está ahi o tinglao, Que teñades sorte co voso proxeto, porque caña non vos falta.
Saudos, Sito-kastomä,

24.10.2008 10:20

dubialbajo dixo:

Un saudo dende San Sadurniño

21.10.2008 11:58

Enviar opinión

Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.

Máis información

Novas

09.01.2009

FUZQUENLLA SEPARASE

FUZQUENLLA tras esta curta pero intensa andadura separase por diferencias internas querendo...

[+máis]

Ver todas