Rock
A nosa historia:
Ith era o nome do fillo de Breogán, dende as costas galegas divisou terras estranxeiras do que hoxe é Irlanda. Viaxou ata alí e, aínda que a súa idea non era colonizar nin ocupar esas terras, disputou varias batallas cos deuses. Ith foi o primeiro mortal que venceu ós deuses.
Ith naceu a finais do ano 1997, daquela compoñíase de catro músicos igual que agora. O baixista era Manuel Lamas, á batería Hilario Rodeiro, guitarrista Miguel Iglesias e guitarrista e voz Pablo Boga. Da primeira formación, só os dous últimos compoñentes seguen no grupo acompañados de Toxo no baixo e Miguel Folgueira á batería e nos coros.
Os primeiros concertos foron en Baamonde (Lugo), Ordes, Melide (A Coruña), A Coruña, etc..., daquela ensaiabamos en Ordes nun local onde ensaiaba a banda do concello. Dende hai uns sete anos trasladamos o local de ensaio a Xanceda (no concello de Mesía).
As axudas que recibimos foron sempre de amigos, coñecidos e familiares.
As nosas maquetas:
- En 1997 gravamos a primeira maqueta nos estudios da Radio Galega, conta de tres temas: "Que morran", "Ith" (instrumental), e "A última viaxe".
- Gravamos unha segunda maqueta no ano 2000 nos estudios Fábrica de Luz, tamén contén tres temas: "As leis dos raposos" (letra de Celso Emilio Ferreiro), "Conformados" e "Ser pobo é ter conciencia"
- A terceira e polo de agora a última maqueta gravada foi realizada no ano 2004 en Cangas nos estudios do grupo de Astarot. Os temas que se poden escoitar nela son: "Que morran" (versión diferente á primeira), "Depresión" e "Cruzando o mar".
Evolución.
O estilo nun comezo era próximo ó Heavy Rock, agora os arreglos son máis modernos e o resultado final dos temas é máis tranquilo.
Nós:
Pablo Boga e Miguel Iglesias estiveron sempre en Ith. O último estivo tocando unha temporada no grupo de rock "Mestizaxe", grupo do que proveñen as últimas incorporacións, Miguel Folgueira (batería) e Toxo (baixo).
•Toxo (Andabao - Boimorto)
•Miguel Folgueira (Os Ánxeles - Boimorto)
•Pablo Boga (Abellá - Frades)
•Miguel Iglesias (Xanceda - Mesía)

| Canción | Duración | Info | Escoitas | Votos | Descargas | Descargar |
| escoitar Que Morran | 00:00 | 4759 |
1/5 (17 votos)
|
0 | ![]() |
|
| escoitar Depresión | 00:00 | 4758 |
1/5 (18 votos)
|
0 | ![]() |
|
| escoitar Cruzando o Mar | 00:00 | 4762 |
1/5 (18 votos)
|
0 | ![]() |
Non hai vídeos para este grupo
acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 18:26
Fuleros dixo:
Estudios Fuleros somos un "Home studio" en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por sólo 50 € cada canción (grabación y mezcla), sin importar las horas que le dediquemos. Escucha algunos de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros
11.01.2009 19:49
kastoma dixo:
Boas!
Qué agradable sorpresa coincidir en Nsaio.org, dádelle caña a ITH que neste 2009 vai tremer a terra con vós. Apertas.
09.01.2009 13:41
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.