NSAIO

Os John Deeres

Localidade:

A Estrada

Contacto:

Páxina web

osjohndeeres@gmail.com

Teléfono:

650647079 (Reices), 699853636 (Marcos)

Xénero/s

Rock

Biografía

Reices, Xermán, Tino, Marcos e Mustaf (ex-compoñentes de disKordia, grupo co que quedamos finalistas de diversos concursos como A Coruña Son, GzCrea e outros, ademais de tocar por boa parte da xeografía galega) enleamos á Catuxa para botar a andar un novo proxecto no que buscamos un son máis escuro do que estabamos acostumados a facer, con claras influencias da música dos anos 70.
Os John Deeres presentamos en directo un repertorio propio composto por temas de corte rock clásico, adubados con pinceladas hard rock e algunha pinga de psicodelia. Ademais, tocamos versións de grandes do rock como Led Zeppelin, Black Sabbath, Hendrix, Danzig, ACDC...
Neste espazo pódense escoitar os catro temas gravados na Radio Galega ("Nunca xunto a ti" e "De que me vale?", aínda como disKordia e "Obsesión" e "Que o demo me leve", xa co novo nome e con Catuxa, mais aínda na liña do que faciamos con disKordia), así coma a versión de "De que me vale?" gravada no obradoiro con Santiago Auserón organizado para @s finalista do A Coruña Son 08, con nova letra e cantada por Xermán, xa que nese momento aínda non tiñamos cantante.
Os John Deeres temos en mente a gravación dun primeiro EP durante este ano, e devecemos por presentar en directo os nosos novos temas, como xa comezamos a facer no verán pasado en lugares coma O Festidoiro de Cuntis, o Esmorga de Cambados, o Clavicémbalo de Lugo, o Auriense de Ourense, o Roi Xordo de Allariz...

Influencias

Deep Purple, Thin Lizzi, ACDC, Rainbow, The Doors, Heredeiros da Crús, U.F.O, Rosendo...

Membros

Marcos - Baixo
Reices - Teclado
Mustaf - Guitarra
Tino - Guitarra
Catuxa - Voz
Xermán - Batería

Popularidade

20
persoas engadírono á súa lista de favoritos

Engádeo como favorito


Temas

Canción Duración Info Escoitas Votos Descargas Descargar
escoitar De que me vale? (A Coruña Son 08, canta Xermán) 00:00

[+]

38
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (14 votos)
2
escoitar De que me vale? (disKordia) 00:00 18
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (10 votos)
3
escoitar Obsesión 03:32

[+]

43
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (20 votos)
16
escoitar Nunca xunto a ti (diskordia) 00:00 16
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (11 votos)
2
escoitar Que o demo me leve 04:34

[+]

42
  • 2 / 5
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
2/5 (20 votos)
14

Galerías

Ver todas

Vídeos

Obsesión

Ver todos

O que opinan de Os John Deeres

snatch dixo:

Jau

21.04.2009 14:58

oblivion dixo:

...un saúdo dende o doce esquecemento...

SWEET OBLIVION BAND

29.12.2008 18:13

Fuleros dixo:

Estudios Fuleros somos un Home Studio en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por solo 50€ cada canción (grabación y mezcla). Más información y algunas muestras de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros

10.12.2008 12:43

Cachán dixo:

Vou pa Estrada este fin de semana... ¿Non daredes algún concerto nalgún pub?

12.11.2008 19:01

dubialbajo dixo:

Un saudo dende San Sadurniño

The Cañas

07.09.2008 12:26

Enviar opinión

Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.