Rock / Experimental / Funk
O grupo surxe en Ourense a finais de 2005, das cinsas dos Singer Mornins , onde se adicaban a esmagullar cancións-rock tradicionais. Trala ruptura, os tres compoñentes de Leite de Nai lanzanse á difícil tarefa de compoñer temas propios nunha onda mais funki, pero con altas doses de rock-dígase-alternativo, e cantando no idioma mamado: galego. Surxen as primeiras actuacións en discotecas e bares de dudosa reputación, onde o trio se desenvolve con máis soltura, e tamen o primeiro documento sonoro: Vrao 2006, unha compilación de 5 temas propios, autogravados no local de ensaio cun PC. Se vd. é propietario dunha copia considerese afortunado. Seguen as actuacións por toda Galiza durante o vrao, e xa durante outono o grupo adicase a ensaiar e compoñer os temas que presentarán na súa nova maqueta: Leite non hai, gravada en Mafia Records durante unha mala resaca dos festivos de decembro 2006, trátase dunha compilacion de 5 temas tamén, moito máis elaborados, con niveis de funki descoñecidos, e potentes bases rockeiras. A maqueta convirtese nun exito, gracias en parte as minixiras de fin de semana nas que Leite de Nai se embarca durante xaneiro e febreiro por todo o pais para promocionala. O grupo agora segue a traballar en temas novos para gravar e buscando concertos, tendo para o vrao deste ano sobre15 xa apalabrados, e espera de mais.
bjork, ac/dc, tom waits
Jose Antonio Bush - bateria
Oscar - baixo e voz
Martin - guitarra
Champi - guitarra

acoruñason dixo:
ACoruñaSon10:
Canción orixinal en galego.
Aberto prazo até o 2 de maio.
Abertas votacións até 2 de maio.
Ver bases: http://acorunason.eu/bases/
http://acorunason.eu
14.04.2010 18:26
Fuleros dixo:
Estudios Fuleros somos un "Home studio" en Pobra do Caramiñal. Grabamos tus maquetas por sólo 50 € cada canción (grabación y mezcla), sin importar las horas que le dediquemos. Escucha algunos de nuestros trabajos en www.myspace.com/estudiosfuleros
11.01.2009 19:47
Para poder enviar un comentario é preciso que te rexistres.