Identifícate aquí ou Rexístrate


Marco legal

A actividade do músico está suxeita a unha serie de normas de diversa índole: civil, fiscal, administrativa, laboral... A maior parte destas normas afectan á súa función do mesmo xeito que a calquera outra persoa ou profesional. Por exemplo, a obriga do autónomo de emitir unha factura, ou a de calquera individuo de presentar a declaración da renda cada ano, afectan independentemente de se eses individuos son músicos ou non.

En troques, existen outras normas que están pensadas especificamente para regular a actividade dos profesionais da cultura, entre os que se atopan os músicos. As dúas que máis atinxen á actividade musical son o Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril, polo que se aproba a Lei de Propiedade Intelectual e o Real Decreto 1435/1985, de 1 de agosto, polo que se regula a relación laboral especial dos artistas de espectáculos públicos.

A continuación atoparás unha introdución xeral ao contido desas dúas normas, para que poidas facerte unha idea das túas obrigas e dos teus dereitos. Porén, se tes dúbidas ou vas iniciar algunha acción neste ámbito, é convinte que te asesores co profesional correspondente. Existen asesores fiscais, laborais, economistas, avogados... que poden orientarte nas distintas facetas da túa actividade profesional. Do mesmo xeito, un manager profesional debe poder asesorarte nestas cuestións ou dirixirte a quen poida facelo axeitadamente. Acudir a un profesional debidamente formado para aconsellarte antes de iniciar calquera negocio ou acción, permite evitar problemas futuros. Normalmente, o custo do asesoramento é moito máis barato que a intervención para resolver o conflito ou problema.

A Rede Galega de Locais de Ensaio pon a disposición dos grupos rexistrados un servizo on-line de asesoría xurídica nesta mesma web. Tamén atoparás máis información relativa a estes temas no apartado de FAQs.

FAQs

Aquí atoparás resposta ás preguntas máis frecuentes do mundo da música.

Asesoría Xurídica

Podes consultar en liña as dúbidas legais que teñas cun avogado especializado.